Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

ANUNCIO: Resultado da proba de coñecemento de lingua galega nos procesos selectivos correspondentes ás prazas dos procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da lei 20/2021, de 28 de decembro, de medidas urxentes para a redución da temporalidade do emprego público. Proba de galego nivel celga 4.

Efectuada a corrección dos exames da proba de coñecemento de lingua galega polo Tribunal designado para cualificar a proba de coñecemento de lingua galega de todos os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, o 19 de setembro de 2023 publicouse no portal web corporativo da Xunta de Galicia funciónpublica.xunta.gal, a resolución e a lista de cualificación como apto ou non apto das persoas aspirantes que se presentaron a citada proba de coñecemento de lingua galega.


De acordo coa base II das convocatorias, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas, no prazo de dez (10) días hábiles que se contarán dende o día seguinte ao da publicación no DOGA de dita resolución.

 


Santiago de Compostela, mércores 20 de Setembro de 2023.

 

SECRETARIO DO TRIBUNAL
Jesús Fernández Barro

 

PRESIDENTE DO TRIBUNAL
Andrés Cervantes Refojos