Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

Resolución do 11 de outubro de 2023 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo correspondente ás prazas dos procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante o sistema de concurso

Mediante a Resolución do 17 de xullo de 2023, da Presidencia de Portos de Galicia (DOG núm. 141, do 26 de xullo), aprobáronse as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas aos procesos selectivos correspondentes ás prazas de estabilización de
emprego temporal da entidade pública empresarial Portos de Galicia, convocado pola Resolución do 20 de decembro de 2022 (DOG núm. 246, do 28 de decembro).

Unha vez transcorrido o prazo para a presentación de reclamacións ou emendas sobre ditas listaxes, de conformidade co establecido no punto 1.4.2 das bases que rexen os procesos selectivos, esta presidencia resolve aprobar a listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas aos procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, mediante o sistema de concurso, nos postos seguintes:

  • Condutor/a conserxe/bacharelato FP2 ou equivalente.