Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

ANUNCIO relativo á celebración da proba de coñecemento de lingua galega nos procesos selectivos correspondentes ás prazas dos procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da lei 20/2021, de 28 de decembro, mediante o sistema de concurso, na epe portos de galicia.

No portal web corporativo da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal, se publica o día 31 de agosto de 2023, a Resolución do 29 de agosto de 2023 do tribunal designado para cualificar a proba de coñecemento de lingua galega de todos os procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público no nivel CELGA 4 para Entes Instrumentais, en virtude da que se convoca para a realización da proba de coñecemento de lingua galega ás persoas aspirantes que figuran no listado do mencionado portal corporativo.

No mesmo Portal se publica o día 6 de setembro de 2023 novo listado que relaciona a persoas convocadas para realizar a proba de coñecemento de lingua galega no nivel CELGA 4 para entes instrumentais, figurando expresamente mencionado nese listado o aspirante a praza do procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da lei 20/2021, de 28 de decembro, mediante o sistema de concurso, na EPE Portos de Galicia, que non acredita estar en posesión do CELGA 4 na data de publicación do anuncio de convocatoria no Diario Oficial de Galicia.