Volver ao contido

Contido web

Nota informativa sobre a solicitude, por parte de Concellos, de cesión parcial dunha concesión ou autorización do dominio público portuario

 

Antecedentes

A Lei 6/2017, de 12 de decembro, de Portos de Galicia establece no seu Art 90.1.g)

Artículo 90. 1. Serán causa de caducidade da autorización ou concesión os seguintes incumprimentos:
g) A cesión a un terceiro do uso total da concesión.

Infórmase

Polo tanto, no caso de que un Concello solicite ou sexa titular dunha concesión ou autorización de dominio público portuario, ten as seguintes opcións de cara a súa explotación:

  1. Explotar directamente a totalidade das superficies e instalacións da concesión ou autorización, asignado específicamente nas ditas instalacións dependencias municipais de uso exclusivo do concello xunto cos traballadores públicos do mesmo que desenvolvan a súa actividade nas ditas dependencias (por exemplo: oficinas administrativas da concellería que xestiona a concesión ou autorización: deportes, cultura,…).
  2. No caso no que un Concello desexe ceder parcialmente superficies ou instalacións a un terceiro, débese solicitar unha cesión de uso parcial seguindo as instrucións do formulario CESIÓN PARCIAL de concesión no dominio público portuario (SIMPLIFICADO PARA CONCELLOS) e, no caso de resolverse favorablemente, quedará reflexado no outorgamento da cesión un plano das superficies explotaría directamente o Concello e cales se cederían a o terceiro.

En calquera dos casos anteriores, no caso de que o Concello se atope nalgún dos supostos de bonificacións/exencións do Art. 40 da Lei 6/2003, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia e desexe solicitala, se debe realizar seguindo as instrucións do formulario BONIFICACIÓN OU EXENCIÓN DE TAXAS de concesión no dominio público portuario e remitindo o formulario e maila documentación requirida a través do procedemento PR004A da Sede Electrónica da Xunta de Galicia.

Modelo de solicitude

Na seguinte ligazón pode descargar o modelo de solicitude de cesión parcial de concesión no dominio público portuario, simplificado para Concellos: CESIÓN PARCIAL de concesión no dominio público portuario (SIMPLIFICADO PARA CONCELLOS).