Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

A XUNTA DE GALICIA INVISTE 130.000 EUROS NA RENOVACIÓN DOS PAVIMENTOS ESGOTADOS NOS PORTOS DE CAMARIÑAS E CAMELLE

  • As obras que se executan nesta semana permitirán dotar de novos firmes as explanadas e viarios de ambas dársenas e repintar a sinalización horizontal.

Camariñas (A Coruña), 3 de xuño de 2025.- A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, inviste 130.000 na renovación de pavimentos esgotados nos portos do concello de Camariñas: Camariñas e Camelle. As obras atópanse en execución esta semana e permitirán dotar de novos firmes as explanadas e os viarios que presentaban necesidade no porto, así como repintar a sinalización horizontal.

Esta actuación inicia a fase de execución dun plan global para 26 dársenas autonómicas no que Portos de Galicia inviste 1,6 millóns de euros para substituír e reforzar os pavimentos esgotados. No marco deste plan executaranse obras que inclúen a dotación de novas capas de firmes de reforzo, a reposición naquelas zonas nas que o pavimento fora esgotado  e a reposición de firmes de formigón armado, ademais de labores de saneo de explanadas.

Como complemento destas actuacións, atenderase tamén a deixar a cota os pozos, arquetas e sumidoiros existentes e pintarase nova sinalización horizontal. Deste xeito, Portos de Galicia prevé mellorar a seguridade viaria de condutores e peón que transitan pola zona.

En concreto, no porto de Camariñas estase a actuar no vial de entrada ao porto, na explanada do peirao e na do club náutico. No caso de Camelle reforzarase o firme no paseo marítimo tanto na zona anterior como posterior á explanada. En ambos casos poranse tamén a cota as tapas e reixas e pintarase a sinalización horizontal.