Publicador de contidos
Atrás
PORTOS DE GALICIA ABORDA CO CLUB NÁUTICO O ESTADO DA TRAMITACIÓN DA RENOVACIÓN DA CONCESIÓN PORTUARIA
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2025.- O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, mantivo un encontro de traballo con responsables do Club Náutico de Rianxo para abordar o estado da tramitación da renovación da concesión portuaria que abarca tanto a lámina de auga do porto deportivo como a localización do local social do club.
O responsable da entidade pública tamén abordou coa entidade deportiva as necesidades actuais dos usuarios desta instalación portuaria. Esta xuntanza está enmarcada nos encontros periódicos que mantén Portos cos concesionarios dos espazos portuarios autonómicos co obxectivo de afondar na coordinación e xestión eficiente destas infraestruturas.