Publicador de contidos
Portos de Galicia e a comandancia das unidades de acción marítima da armada afondan en accións de colaboración mutua
Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2025.- O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, mantivo esta mañá unha reunión institucional co comandante do Mando das Unidades de Acción Marítima e comandante naval da Aramada na Coruña e Ferrol, Javier García Yáñez, para avaliar e afondar en posibles accións conxuntas para a colaboración entre ambas partes. A reunión tivo lugar na sede do ente público, en Santiago e permitiu avanzar nos contactos establecidos en anteriores encontros.
Durante a xuntanza de hoxe quedou de manifesto a vontade de ambas partes de colaborar para actualizar os derroteiros de acceso aos portos, que describen os perfis consteiros, a configuración das instalacións portuarias así como o posibles perigos e formas de navegación máis convinte para cada zona. Esta actualización permitirá unha mellora da seguridade e a operatividade nos accesos aos portos galegos.