Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

Portos de Galicia informa favorablemente as obras de mellora das acometidas de auga e pluviais na contorna do centro de saúde de Domaio, en Moaña

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2023.- A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, informou favorablemente as obras de mellora das acometidas de auga e pluviais na contorna do centro de saúde de Domaio, no municipio pontevedrés de Moaña. O Concello será o encargado da execución destes traballos que requiren autorización por parte do ente público dado que se proxectan dentro do dominio público portuario, na zona contigua ao solo concesionado no seu día para a construción do edificio.

Para autorizar os traballos, Portos de Galicia ampliará a concesión existente ata o momento para o centro de saúde, incluíndo nela tamén estes terreos contiguos necesarios para as acometidas. Con este obxectivo, o ente público remitiu xa ao Concello o ofrecemento de condicións para a ampliación de concesión, que fora solicitada pola administración local o 20 de xullo.

Deste xeito, o ente público contribúe á mellora das infraestruturas de uso social que se atopan no seu terreo, no marco das súas competencias, favorecendo a integración entre os portos e as vilas que os acollen.