Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

Portos de Galicia inviste preto de 800.000 euros en mellorar as infraestruturas portuarias da Guarda

O conselleiro do Mar comprobou esta mañá a finalización das obras da rampla de varada do peirao guardés.

 

  • Alfonso Villares lembrou que próximamente quedará rematada tamén a reparación do pantalán de pasaxeiros de A Pasaxe- Camposancos.

 

A Guarda (Pontevedra), 24 de outubro de 2023.- Portos de Galicia, esta a investir preto de 800.000 euros en actuacións de mellora das infraestruturas dos portos do concello pontevedrés da Guarda. Así o comunicou esta mañá o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, nunha visita ao porto guardés, acompañado polo presidente de Portos, José Antonio Álvarez.

O titular de Mar comprobou a finalización das obras de mellora funcional da rampla de varada do peirao da Guarda e destacou que esta actuación permitiu ampliar a infraestrutura que dá servizo ao sector profesional do municipio. Así mesmo, indicou que os traballos incluíron a reparación de descalces no peirao e escaleiras anexas á rampla, o rexuntado dos muros e a renovación do pavimento naquelas zonas nas que se atopa deteriorado.

Estes traballos dan resposta ás necesidades dos traballadores do mar que operan nesta instalacións portuaria, trasladas pola confraría de pescadores, mellorando as condicións de traballo dos profesionais do sector.

 

580.000 nas instalacións de pasaxe

Durante a súa visita ao concello da Guarda Alfonso Villares informou da próxima finalización das obras de reparación da pasarela e o pantalán de pasaxe do porto de A Pasaxe-Camposancos. Estas obras foron tramitadas por vía de emerxencia debido ao risco de afundimento tralas choivas torrenciais do pasado inverno e ao posible impacto sobre a seguridade na navegación e o medio ambiente.

O obxecto das obras é evitar o afundimento da estrutura actual e os riscos derivados del, nomeadamente o cese da operatividade das instalacións de atraque do porto da Pasaxe, na Guarda, no que funciona o servizo de Xacobeo Transfer impulsado pola Xunta de Galicia para o traslado de pasaxeiros –en boa medida peregrinos do Camiño Portugués- entre Portugal e España ante o cese de actividade do ferri.

As obras consisten na retirada do pantalán e a pasarela que lle da acceso para o seu arranxo en asteleiro e volta á súa ubicación. A día de hoxe atópanse na súa fase final, pendentes da mellora da climatoloxía para os últimos traballos de pintura.