Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

PORTOS DE GALICIA OUTORGA Á CONFRARÍA DE VILABOA UNHA CONCESIÓN PARA A EXPLOTACIÓN DO EDIFICIO DA LONXA CON BONIFICACIÓN DO 90% DAS TAXAS

Santiago, 24 de setembro de 2025.- Portos de Galicia outorgou unha concesión administrativa a favor da Confraría de Pescadores de Vilaboa (Pontevedra), para a ocupación e xestión do edificio da lonxa, de titularidade do ente público. A concesión contempla un período de vixencia de 10 anos prorrogables noutros 5.  

O título administrativo contemplará a aplicación do artigo 40 da Lei de Taxas de Portos de Galicia para a exención do 90% das taxas por ocupación de edificios destinados a actividade de lonxa. Por este motivo, a confraría abonará 500 euros anuais polo uso do edificio que se empregará tamén como almacén de medios mecánicos.

A citada Lei de Taxas recolle bonificacións do 90 e o 95% así como exencións totais da taxa por ocupación de dominio público portuario para o sector profesional, ademais de exencións para as administracións públicas nos casos nos que non realicen actividades lucrativas. Así mesmo contempla bonificacións para a náutica de recreo, a flota tradicional, a actividade comercial e a formación.

Vestiarios e garaxe

Ademais, Portos de Galicia iniciou o trámite de exposición pública da solicitude presentada pola confraría de Vilaboa para a ocupación doutro edificio de titularidade do ente público para actividade de vestiario e garaxe de medios mecánicos.  O prazo para a presentación de alegacións está aberto ata o 22 de outubro e a documentación atópase na web de Portos de Galicia.