Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

Portos de galicia outorga á cruz vermella unha concesión para o uso dun edificio no peirao de ribeira con exención total de taxas

Santiago, 30 de agosto de 2024.- Portos de Galicia vén de outorgar unha concesión administrativa a favor da entidade Cruz Vermella Española para a ocupación e xestión do edificio que emprega como sede, oficinas, vestiarios e garaxe da entidade, situado en dominio público portuario. A tramitación da concesión contempla un período de vixencia de 5 anos prorrogables.

O título administrativo contemplará a aplicación do artigo 40 da Lei de Taxas de Portos de Galicia para a exención do 100% das taxas por ocupación de dominio público á Cruz Vermella cando desenvolva actividades marítimas propias da entidade. Por este motivo  non terá que abonar importe algún polo uso dos máis de 80 metros de superficie do edificio que alberga múltiples usos.