Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

Portos de galicia outorga a salvamento marítimo autorización para a ocupación dun almacén en cangas con exención total de taxas

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2024.- Portos de Galicia vén de outorgar unha autorización administrativa a favor da Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima (SASEMAR), para a ocupación dun local no porto de Cangas. A entidade, dependente do Ministerio de Transportes, destinará este local a uso de almacén para material da súa embarcación na zona. A autorización recolle un período de vixencia de 4 anos.

O título administrativo contempla a aplicación do artigo 40 da Lei de Taxas de Portos de Galicia para a exención do 100% das taxas por ocupación de dominio público Salvamento Marítimo cando desenvolva as actividades propias da entidade, encadradas entre as finalidades públicas. Por este motivo non terá que abonar importe algún polo uso dos tres departamentos de titularidade de Portos de Galicia.

A Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima, comunmente chamada Salvamento Marítimo, é un empresa pública estatal encargada da seguridade marítima en augas españolas. Está adscrita ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible a través da Dirección Xeral da Mariña Mercante. Este servizo comparte tarefas de seguridade e traballa en coordinación co Servizo de Gardacostas da Consellería do Mar.