Publicador de contidos
Portos de galicia outorga a salvamento marítimo autorizacións para o uso de locais en camariñas, porto do son e ribeira con exención total de taxas
Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2024.- Portos de Galicia vén de outorgar tres autorizacións administrativas a favor da Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima (SASEMAR), para a ocupación de tres edificios nos peiraos de Camariñas, Porto do Son e Ribeira. A entidade, dependente do Ministerio de Transportes, destinará ditos locais a actividade de oficina, taller e almacén. A autorización recolle un período de vixencia de 4 anos.
O título administrativo contempla a aplicación do artigo 40 da Lei de Taxas de Portos de Galicia para a exención do 100% das taxas por ocupación de dominio público Salvamento Marítimo cando desenvolva as actividades propias da entidade, encadradas entre as finalidades públicas. Por este motivo non terá que abonar importe algún polo uso dos tres departamentos de titularidade de Portos de Galicia.
A Sociedade de Salvamento e Seguridade Marítima, comunmente chamada Salvamento Marítimo, é un empresa pública estatal encargada da seguridade marítima en augas españolas. Está adscrita ao Ministerio de Transportes e Mobilidad Sostenible a través da Dirección Xeral da Marina Mercante. Este servizo comparte tarefas de seguridade e traballa coordinadamente co Servizo de Gardacostas da Consellería do Mar.