Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

Portos de Galicia prevé adxudicar proximamente a renovación dos pantaláns pesqueiros de Vilanova de Arousa

  • O ente público, dependente da Consellería do Mar, destinará a esta actuación 100.000 euros e prevé iniciar os traballos nesta primavera.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2026.- O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, mantivo este mércores unha reunión con representantes da confraría de Vilanova de Arousa, co fin de seguir afondando na mellora do estado das infraestruturas portuarias da localidade, incluíndo os edificios do propio pósito e da lonxa.

O representante do ente público, dependente da Consellería do Mar, trasladou ao membros do pósito que a Xunta prevé iniciar a renovación dos pantaláns pesqueiros e mexilloeiros nesta primavera. Unha actuación que suporá un investimento de 100.000 euros, e que permitirá dotar de maior seguridade e funcionalidade estas infraestruturas, ao tempo que afondará no desenvolvemento económico da localidade, pois a actividade marítimo-pesqueira supón a principal fonte de emprego.

Esta medida enmárcase no proxecto global de renovación integral dos pavimentos destas instalacións, dotado con 640.000 euros, e que beneficiará tamén aos peiraos da Barquiña, Lorbé, Muxía, Muros, Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Carril, O Grove e Baiona.