Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

Portos de Galicia recicla residuos plásticos do mar para renovar o pavimento da terraza exterior da lonxa de Ribeira.

  • O Ente público investiu preto de 35.000 €  euros na instalación de material tecnolóxico e ecolóxico, de maior durabilidade nunha contorna marítima

 

Santiago, 9 de novembro de 2021.- A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, vén de executar as obras de substitución do pavimento da terraza exterior da nova lonxa de Ribeira. Os traballos supoñen unha actuación nunha superficie de case 800 metros cadrados e unha mellora do estado do inmoble que ten carácter visitable e aberto ao público.

O ente público investiu preto de 35.000 euros nesta actuación necesaria para o mantemento do edificio e que se atopa rematada na actualidade. En concreto, a obra consistiu na substitución  integral do anterior pavimento desta zona do edificio por outro sintético e construido con materiais plásticos retirados como lixo mariño. Con esta actuación procúrase unha nova vida aos residuos plásticos, contribuindo á conservación do medio ambiente.

Os traballos foron executados por unha empresa galega adicada á valorización de plásticos.