Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

Portos de Galicia renova o pavimento do paseo portuario de Panxón, en Nigrán

Santiago de Compostela, 24 de marzo de 2026.- Portos de Galicia, ente público dependente da Consellería do Mar, finalizou esta semana as obras de renovación e mellora do pavimento do paseo portuario de Panxón, no municipio pontevedrés de Nigrán. O ente público acometeu esta actuación con cargo ao servizo de mantemento de instalacións, vixente para os 122 portos de titularidade autonómica.

En concreto, ao longo do paseo de madeira que discorre polo bordo portuario de Panxón renováronse numerosas táboas que substitúen ás anteriormente existentes, danadas pola acción do mar e a exposición ás condicións climatolóxicas adversas. Ademais, repuxéronse tamén parte das madeiras que se atopaban movidas e reforzáronse os apoios que presentaban danos. 

Esta actuación permitiu reabrir o paseo de madeira ao tránsito peonil logo de que tivera que restrinxirse a raíz do tren de borrascas do pasado inverno para garantir a seguridade e poder executar os traballos de reparación.