Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

Portos de Galicia saca a información pública o estudo de impacto ambiental da dragaxe de Foz

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe o inicio do trámite de 30 días hábiles para consulta da documentación por parte dos interesados.

 

Santiago, 6 de novembro de 2023.- A Xunta de Galicia vén de iniciar o trámite de información pública do estudo de impacto ambiental das obras de dragaxe do porto do municipio lucense de Foz. O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe o anuncio cun prazo de 30 días hábiles contados a partir de mañá.

Durante este prazo a documentación relativa ao impacto ambiental das futuras obras de dragaxe do porto de Foz estará dispoñible para consulta pública na web de Portos de Galicia. As persoas interesada poden acceder a ela a través da ligazón https://portosdegalicia.gal/es/web/portos-de-galicia/procesos_informacion_publica.

O procedemento de avaliación de impacto ambiental do proxecto será o ordinario e durante o prazo sinalado, as alegacións, observacións ou suxestións que as persoas interesadas consideren oportunas poderán dirixirse ao presidente de Portos de Galicia, por calquera dos medios previstos na normativa das administracións públicas.

As obras previstas por Portos de Galicia no peirao de Foz consisten nunha dragaxe plurianual durante os vindeiros 4 anos no acceso ao porto e a dársena pesqueira, cun volume total de material para extraer de máis de 70.000 metros cúbicos.