Volver ao contido

Publicador de contidos

Volver á páxina Índice
Atrás

Portos de galicia licita por 220.000 euros as obras de ampliación e mellora da nave de redes do porto de Bueu

  • Os interesados terán de prazo ata o día 30 de novembro para presentar as súas ofertas.

 

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2022.- Portos de Galicia, vén de iniciar o procedemento de licitación das obras de ampliación e mellora da nave de redes de Bueu (Pontevedra). Esta actuación sae a concurso cun orzamento base de 220.000 euros.

Os documentos e pregos do concurso están dispoñibles para os interesados na plataforma de Contratos de Galicia, no perfil do contratante, e na páxina web oficial de Portos de Galicia, www.portosdegalicia.gal. Os licitadores terán de prazo ata o día 30 de novembro para presentar as súas ofertas.

Portos de Galicia retoma así esta actuación de mellora para o porto de Bueu logo de que o concurso anterior para a execución das obras quedase deserto ante o incremento dos prezos dos materiais de construción. Por este motivo, e ao incrementarse ademais as superficies de ampliación previstas e outras melloras, o ente público aumenta agora en máis de 100.000 o orzamento dos traballos.

As obras previstas consisten na ampliación dos espazos para dotar de novas zonas de almacenaxe e traballo para a reparación das redes existentes. Deste xeito, dimensiónase o edificio de acordo coas necesidades actuais. Para elo construirase un módulo adicional de 5 metros de longo coa mesma anchura que o espazo actual, 15,2 metros. Ademais habilitarase un gran lucernario central para permitir a entrada de luz natural.