Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

Acta da xuntanza do 22 de abril de 2021 da comisión permanente do proceso de elaboración dunha lista de contratación temporal na categoría profesional de celador/a gardapeiraos pola que se fai pública a lista de admitidos/as coa puntuación definitiva tras a actualización de méritos con indicación da ubicación xeográfica tras as solicitudes de modificación do ámbito xeográfico recibidas

En Santiago de Compostela, sendo as 10:00 horas do día 22 de abril de 2021, reúnese a Comisión Permanente de Portos de Galicia correspondente ao proceso de elaboración dunha lista de contratación temporal na categoría profesional de celador/a gardapeiraos nomeada por resolución da Presidenta de Portos de Galicia o 8 de xaneiro de 2020.

En ningún dos membros da Comisión Permanente concorren causas de abstención das previstas no artigo 23 da Lei 40/2015, de 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público, nin algunha das circunstancias previstas no artigo 59.2 da Lei 2/2015, de 29 de abril, de Emprego Público de Galicia.

O motivo da xuntanza, é as reclamacións presentadas tras a publicación na páxina web www.portosdegalicia.gal e no taboleiro de anuncios da entidade pública da lista de admitidos coa puntuación provisional tras a actuación de méritos e coa indicacion da ubicación xeográfica solicitada.