Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

Portos de galicia e o concello de burela avalían a proposta municipal de reversión de terreos ao estado

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2026.- Portos de Galicia e o Concello de Burela mantiveron esta mañá unha reunión para avaliar a proposta da administración local de reversión de terreos portuarios á Administración Xeral do Estado a fin de que esta decida sobre a súa posible cesión ao Concello. A presidenta do ente público, Natalia Botana, reuniuse co concelleiro do Mar burelés, Ramiro Fernández para dar conta das posibilidades de uso do solo incluído na proposta municipal.

A este respecto, Botana explicou que a parcela número 7 da Travesía do Porto, cuxo uso solicita o Concello, non pode declararse innecesaria para a actividade portuaria, dadas as posibilidades de explotación sectorial deste solo, nunha dársena de destacada actividade marítimo portuaria. A presidenta de Portos de Galicia subliñou a necesidade do ente público de reservar solo para o crecemento portuario e destacou a proximidade desta parcela ao departamentos de usuarios do peirao. Con todo, Botana indicou que Portos valorará se é compatible co uso portuario unha cesión temporal ao Concello de parte deste terreo namentres non exista unha proposta formal de explotación portuaria.

Finalmente, respecto do Miradoiro da Limosa, o segundo dos terreos que o Concello de Burela solicitaba que Portos reverta ao Estado, Botana explicou que non pertence ao dominio público marítimo terrestre polo que non pode tramitarse reversión desde o ente público.