Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

Portos de galicia abre o prazo de solicitude de departamentos para usuarios dos portos de laxe, muros, pontedeume, sada e fisterra

  • Os interesados terán de prazo ata o 30 de decembro para presentar por vía electrónica a documentación que está dispoñible na web do ente público www.portosdegalicia.gal

 

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2024.- A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia vén de abrir o prazo de solicitude de ocupación de departamentos para usuarios nos portos de Laxe, Muros, Pontedeume, Sada e Fisterra. O anuncio e as condicións para a presentación das instancias recóllense no Diario Oficial de Galicia.

Tal como contempla o anuncio na publicación oficial, o prazo estará aberto a partir do vindeiro luns e prolongarase por 20 días hábiles, ata o 30 de decembro. A documentación que debe cumprimentarse e presentarse para optar á ocupación dun departamento nalgún dos portos citados atópase dispoñible na páxina web oficial de Portos de Galicia, www.portosdegalicia.gal.

Dita documentación, unha vez cumprimentada, terá que presentada exclusivamente por vía electrónica a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia e empregando o modelo de impreso IF500B, que se atopa a disposición na páxina web de Portos. Este procedemento permitirá ocupar departamentos que a día de hoxe se atopan dispoñibles ben tras executarse obras de mellora.