Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

Portos de Galicia e a asociación Amicos, de apoio ás persoas con discapacidade, colaborarán para a limpeza de fondos mariños das dársenas

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2026.- O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, mantivo esta mañá unha reunión con Xoan España, director xeral de Amicos, a asociación con sede en Boiro de apoio a persoas con discapacidade, para abordar posibles vías de colaboración entre ambas entidades. Non encontro, ambas partes avanzaron en distintas iniciativas para o desenvolvemento de accións de concienciación e mellora ambiental nas contornas portuarias.

Durante o encontro, o presidente de Portos e do director de Amicos revisaron outras actuacións desenvolvidas pola entidade en colaboración coa Xunta de Galicia e en concreto as vinculadas á Consellería do Mar. España presentou ademais unha proposta de limpeza dos fondos marítimos portuarios de varias dársenas barbanzás a cargo dos asociados de Amicos.

Por parte do ente público, o presidente mostrou total disposición a levar a cabo esta iniciativa, coordinando as actuacións de Amicos con outras actividades que se levan a cabo na dársena para aportar maiores facilidades á entidade á hora de realizar as  limpezas. Así mesmo asegurou que estudiarán outras posibles colaboracións futuras.