Publicador de contidos
Atrás
Portos de galicia e o club náutico isla de la toja colaborarán para crear novas prazas de amarre
Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2026.- O presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, mantivo esta mañá unha reunión de traballo coa directiva do Club Náutico Isla de la Toja, de O Grove (Pontevedra) para coordinar futuras melloras para a instalación. Durante o encontro, ambas entidades analizaron a proposta do club para a ampliación de prazas de amarre na dársena deportiva.
O presidente de Portos valorou positivamente o anteproxecto do club para incrementar o número de prazas de atracada en pantalán e comprometeuse a axilizar a tramitación da modificación da concesión que será necesaria para a execución das obras, unha vez que os interesados aporten toda a documentación necesaria.