Publicador de contidos
Atrás
PORTOS DE GALICIA INSTALA UN NOVO PANTALÁN PARA USO MIXTO PESQUEIRO E DE PAXASE NO PORTO DE CARIÑO
Cariño (A Coruña), 30 de abril de 2025.- A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia instalou un novo pantalán para uso mixto de embarcacións pesqueiras e de transporte de pasaxeiros no porto do municipio coruñés de Cariño. A nova instalación que se atopa xa en disposición de ser utilizada dá resposta a unha demanda do Concello trasladada a Portos de Galicia.
A nova instalación conta cun módulo de pantalán e unha pasarela de acceso ao ela, con peche no seu extremo ancorada ao peirao. Con esta actuación, Portos de Galicia contribúe á mellora das condicións de traballo do sector profesional de Cariño, así como a ampliar a actividade do peirao mellorando as condicións para a prestación do servizo de pasaxe.