Publicador de contidos
Portos de galicia lembra que a dragaxe de cariño conta con tramitación ambiental aprobada, estudio de áridos e autorización de costas para depositar a area nas prais da concha e basteira
- As obras estanse a desenvolver con normalidade segundo o previsto no proxecto informado favorablemente por todos os departamentos ambientais con competencias tanto autonómicas como estatais.
- En base ao estudio de caracterización dos áridos o órgano ambiental concluíu que a calidade da area extraída faina indicada para a rexeración dos areais para paliar a perda de material polos temporais.
Cariño (A Coruña), 9 de novembro de 2024.- A Portos de Galicia lembra que as obras de dragaxe do porto de Cariño, que se están a executar nestes días, contan con tramitación ambiental previa, como establece a normativa para este tipo de actuacións e que se están a desenvolver con absoluta normalidade seguindo rigorosamente as indicacións dos órganos ambientais para as máximas garantías na contorna.
Neste sentido, o ente público subliña que tanto a extracción da area como o seu depósito parcial nas praias da contorna portuaria dispoñen de todos os informes preceptivos favorables tanto da propia Xunta de Galicia como da Administración Xeral do Estado. Así, existe informe favorable da Demarcación de Costas do Estado, organismo competente na rexeneración das praias, así como da Dirección Xeral de Biodiversidade, de Compatibilidade coa Estratexia Mariña -os tres dependentes do Ministerio de Transición Ecolóxica- e da Dirección Xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, da Xunta de Galicia.
De feito, é a propia Demarcación de Costas do Estado, dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica, a que na súa resolución relativa ás obras de dragaxe de Cariño, autoriza “a recolocación en dominio público marítimo terrestre das praias da Concha e Basteira de 9.998 metros cúbicos de sedimentos”. Esta autorización basease nos resultados dos estudios de caracterización dos áridos realizados por Portos de Galicia como parte da tramitación ambiental do proxecto e que conclúen que a calidade dos áridos fainos indicados para a rexeración das praias co obxectivo de paliar a perda de material que sofren os areais por causa dos temporais.
Ademais de cumprir rigorosamente a tramitación ambiental dos traballos, na execución de obra Portos de Galicia está a realizar tarefas rigorosas de control e vixilancia constante, en coordinación tamén con Costas do Estado e técnicos de ambas administracións estiveron presentes na zona para coordinar conxuntamente o depósito da area.
Polo que respecta ao color e olores que puideran desprenderse da area extraída do porto de depositada na praia, cómpre lembrar que se trata de area húmida e que contén algas en proceso de descomposición, que motivan esta situación transitoria, que se equilibrará nos vindeiros días. Así mesmo, está prevista a recolocación da area, unha vez depositado o volume total autorizado, ao longo de todo o areal, espallando ao longo de toda a praia a montaña que actualmente esta localizada nun só punto, conforme ás necesidades da obra.