Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

PORTOS DE GALICIA OUTORGA Á ASOCIACIÓN DE MEXILLOEIROS DA ILLA DE AROUSA A CONCESIÓN DUNHA NAVE CON BONIFICACIÓN DO 90% DAS TAXAS

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2025.- Portos de Galicia vén de outorgar unha autorización administrativa a favor da Asociación de Mexilloeiros da Illa de Arousa (AMIA) para a ocupación e xestión dunha nave no porto de Xufre, de titularidade do ente público, para o desenvolvemento das actividades de almacén de medios mecánicos e material pesqueiro-mexilloeiro e xestión de descargas desta especie,. A autorización contempla un período de vixencia de 10 anos, que poderá ampliarse 5 anos máis.

O título administrativo contempla a aplicación da Lei de Taxas de Portos de Galicia que recolle a bonificación do 90% das taxas pola construción ou explotación de naves de aloxamento de medios mecánicos, vehículos non particulares asociados a confrarías e asociacións do sector pesqueiro e marisqueiro. Por este motivo, a confraría aboará 168,98 euros anuais polo uso dos 60 m2 de superficie da instalación.