Volver ao contido

Contido web

AVISO IMPORTANTE

En cumprimento das medidas de prevención de contaxio do coronavirus (COVID-19) os rexistros presenciais da Sede Central e das cabeceiras das zonas da Entidade Pública Empresarial Portos de Galicia pecharán ó publico a partir das 14:00 horas do venres 13 de marzo ata nova indicación. Por esta razón, no caso de ser precisa a entrega dalgunha documentación recoméndase utilizar a instancia xenérica do rexistro da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Alternativamente poderase recurrir a:

  • Os rexistros únicos principais da Xunta que permanezan abertos.
  • O uso de medios alternativos como as oficinas de asistencia en materia de rexistros (OAMRs) ou oficinas de Correos,

Así mesmo as oficinas portuarias tamén quedarán pechadas ó público. A atención será telefónica ou telemática. En cada unha delas estarán indicados na entrada os datos de contacto.


SUSPENSION DE PRAZOS PARA PROCEDEMENTOS DE CONTRATACIÓN E DEMAIS CONCORRENCIA COMPETITIVA ASÍ COMO TRAMITACION DE PROCEDEMENTOS CON ENTIDADES PÚBLICAS
En cumprimento do disposto no RD 463/2020 do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, e do acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19.


Servizos esencias nos portos para garantir a actividade portuaria pesqueira e evitar a propagación do COVID-19
EN CONFORMIDADE CO ACORDO DO CENTRO DE COORDINACIÓN OPERATIVA (CECOP) mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus (COVID-19).


Medidas preventivas a aplicar ao persoal que desempeñe funcións de carácter esencial
O Centro de Coordinación Operativa (Cecop), na súa reunión de 15/03/2020 adoptou un acordo polo que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do Sector Público Autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19.


Recomendacións de protección:

 

Novas

+ Ver máis

Contido web