Visor de contenido web
Nota aclaratoria relativa á documentación a presentar no procedemento IF501A de autorización temporal de uso de posto de atracada, en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, outorgada por Portos de Galicia, para barcos con base no porto
Publicado o pasado 23 de outubro o procedemento IF501A para que as persoas físicas e xurídicas poidan realizar una solicitude de autorización de posto de atracada en portos da competencia de Portos de Galicia de xestión directa, compre realizar as seguintes aclaracións en canto a documentación a presentar:
No citado procedemento enumérase aquela documentación necesaria para tramitar a solicitude, ademais de por a disposición un formulario específico para facilitar o proceso da súa formalización.
No procedemento indícase a documentación que xa non é preciso presentar, e que será comprobada pola administración, sempre que non exista oposición.
Non obstante, seguindo as directrices da lei 39/2015 de procedemento administrativo común das administracións públicas, na cláusula novena da resolución que aproba o procedemento, ademais de indicarse a documentación complementaria a presentar se indica que non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Polo exposto, se a documentación requirida xa obra noutro expediente de Portos de Galicia, no mesmo porto ou noutro diferente, e os ditos documentos atópanse vixentes, será dabondo con que se achegue xunto co formulario de solicitude declaración na que se indique os documentos xa achegados e se manifeste que estes non sufriron variación. Pola contra, aqueles que non foran presentados ou non estiveran vixentes deberán de ser achegados xunto co formulario de solicitude.
Aclarase tamén, que en canto a presentación da solicitude a través dun representarante, o propio formulario de solicitude inclúe esta posibilidade. No suposto de que unha persoa física empregue a presentación por parte dun representante deberá achegarse, xunto coa a documentación, a autorización expresa por parte do solicitante, podendo empregar para elo o modelo xenérico de representación que se pode descargar na propia sede electrónica da Xunta de Galicia no enlace seguinte:
https://sede.xunta.gal/ficheiros/modelos-normalizados/Representacion-C.pdf