Contido web
Anuncio de exposición pública
En agosto de 2022 licitouse a licenza de prestación do servizo de practicaxe e amarre para o porto de Ribadeo. No prego de concurso establecíanse como medios humanos técnicos 1 práctico a tempo completo e un segundo práctico con dedicación parcial, ademais do resto de medios humanos e materiais necesarios para o servizo.
Desde esas datas, motivado polo crecemento de actividade das principais actividades que realizan operacións no porto, en particular da pasta de papel, incrementouse de maneira substancial o tráfico obxecto de demanda do servizo de practicaxe, pasando de 145 buques ao ano aos 170 actuais, o que eleva as operacións realizadas por todos os servizos de 582 a 702 manobras.
Este maior tráfico require unha mellora ou ampliación dos medios a disposición, en particular da dotación dun 2º práctico a tempo completo, co obxectivo de garantir as condicións da súa operativa, tanto por produtividade como por seguridade no servizo. Isto permitiría operar con maior eficiencia.
Cos datos mencionados, e a pesar de que o propio incremento de tráfico achega uns ingresos adicionais ao servizo, que coas tarifas vixentes e o novo prego sería dun 60 mil euros e deixaría a cifra de ingresos totais da orde de 289.000 €, considérase que poderían ser aínda insuficientes para garantir a completa prestación do servizo.
Así, os custos estimados do servizo que eran en 2019 de 186.374,00 € e son co novo prego de 2022 de 232.250,00 €, ao incrementar a dotación de medios e incluír a achega completa dun 2º práctico veríanse elevados ata 294.320,00 €, que cun beneficio do 6% chegarían a 312.000 € de cifra de negocio.
Por todo iso, proponse que dentro do marco da nova licenza que se acaba de outorgar requírase a disposición do segundo práctico pero que iso vaia aparellado ao incremento do das tarifas máximas a aplicar no servizo nun 8% .
Todo o mencionado está condicionado á estabilidade ou incremento da demanda. Debería ir por iso aparellado en particular coas garantías dun novo convenio que garanta a actividade de transporte de pasta de papel nas toneladas actuais ou maiores.
Por tanto procédese a Exposición pública e audiencia por quince (15) días naturais, desde a data de exposición (11/04/2023) da tramitación da modificación dos Pregos reguladores do servizo de practicaje no porto de Ribadeo (Lugo) para a rececpción de suxerencias e observacións, de conformidade co artigo 116.9 da lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia.
Documentación: