Publicador de contidos
ACORDO do 7 de xuño de 2021, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude dunha concesión administrativa dentro do porto de Burela, por parte da mercantil Seafood Legacy Spain, S.L.U., con destino á construcción dunha planta tecnolóxica de cría de salmón
A sociedade mercantil Seafood Legacy Spain, S.L.U., solicita unha concesión administrativa para ocupación de terreos de dominio público portuario con destino á construción dunha planta tecnolóxica de cría de salmón no porto de Burela.
O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de Decembro, de portos de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na Rua Nicomedes Pastor Díaz nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Lugo, 7 de xuño de 2021
Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte