Contido web
Nota informativa sobre a ficha técnica básica de obras e/ou instalacións
Para tramitar a SOLICITUDE DUNHA NOVA CONCESIÓN NA QUE SOLICITE A EXECUCIÓN DE OBRAS, MODIFICACIÓN DE CONCESIÓN POR EXECUCIÓN DE NOVAS OBRAS E/OU INSTALACIÓN DE EQUIPAMENTOS DESMONTABLES ou REALIZACIÓN DE OBRAS DE CONSERVACIÓN nunha concesión é necesario presentar un documento técnico descritivo (actuacións menores), un proxecto básico ou un proxecto construtivo (dependendo do alcance das actuacións). Calquera destes documentos, debe conter, como mínimo a seguinte información:
- AXUSTE Á PLANIFICACIÓN PORTUARIA VIXENTE NO PORTO :
- Delimitación da ocupación do Dominio Público Portuario (DEUP) solicitada (e a ocupada actualmente na concesión) a través dun plano ou imaxe área coa delimitación a ocupar representada sobre o documento DEUP vixente (e PEOP se fose o caso), dispoñible na ruta: https://portosdegalicia.gal/gl/web/portos-de-galicia/planificacion
- USO/S CONCRETO/S E ESPECÍFICO/S que terá a actuación solicitada, e a súa adecuación cos usos autorizados na DEUP vixente
- DESCRICIÓN TÉCNICA específicas da actuación e dos elementos a instalar (1)
- MEDICIÓNS E ORZAMENTO da actuación (2)
- PRAZO DE EXECUCIÓN da actuación.
- Data estimada para comezar a actuación
- AFECCIÓNS A ELEMENTOS PATRIMONIAIS, e, no seu caso, medidas correctoras e protectoras, en caso de proceder. As afeccións pódense consultar no visor do Plan Básico Autonómico na ruta: http://mapas.xunta.gal/visores/pba/
- IMPACTOS MEDIOAMBIENTAIS e, no seu caso, medidas correctoras e protectoras estudando a necesidade de estudo de impacto ambiental, en caso de proceder. As afeccións pódense consultar no visor do Plan Básico Autonómico na ruta: http://mapas.xunta.gal/visores/pba/
- PLANOS DELINEADOS E ACOTADOS XERAIS E DE DETALLE da actuación:
- Planta/s da actuación:
- Situación xeral, na escala conveniente, indicando: deslinde, delimitación dominio público portuario, usos permitidos no deup e área da superficie ocupada
- Superficies ocupadas: Indicando as superficies ocupadas actualmente e as cales se solicita ocupar coa actuación, superpoñéndose coa zona de servizo e usos do DEUP vixente
- Instalacións: plano/s que representen as obras necesarias de instalacións como: conexión coa rede de auga potable, saneamento, electricidade, comunicacións, captación de auga ou outros, indicando sección/s transversal/is das conduccións e sección/s transversal/is tipo na que se acote a profundidade da gabia e o/s diámetro/s da/s tubaxe/s a instalar.
- Servizos afectados
- Afeccións a elementos patrimoniais
- Impactos medioambientais
- Alzado/s e sección/s da actuación, acotando a/s altura/s dos elementos e indicando a altura máxima da actuación
- Infografía/s da actuación: no caso de ser actuacións susceptibles de contornas sensibles paisaxísticamente ou en zonas de afección de elementos patrimoniais. Recoméndase a adaptación da actuación ás indicacións da Guía de Cor e Materiais de Galicia da Xunta de Galicia e o Atlas arqueolóxico da paisaxe galega
- Planta/s da actuación:
Para FACILITAR A TRAMITACIÓN DAS ACTUACIÓNS QUE SE SOLICITEN, PONSE A DISPOSICIÓN O SEGUINTE MODELO DE FICHA TÉCNICA BÁSICA DE SOLICITUDES DE EXECUCIÓN DE OBRAS E/OU INSTALACIÓNS que debe ser achegado obrigatoriamente xunto coa documentación que se presente na Sede Electrónica.
_________________________________________________________
(1) Só se considerarán actuacións con carácter desmontable as que se axusten á definición do Art. 51 da Lei de Lei 22/1988, de 28 de xullo, de Costas.
(2) Será necesario depositar garantía de construción, segundo é indicado no Art. 84 da Lei 6/2017 de portos de Galicia, no caso de que o orzamento da actuación sen IVE supere 15.000€, segundo indicado no Art. 118.1 da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.