Volver ao contido

Contido web

Anuncio de exposición pública

Exposición pública e audiencia por quince (15) días naturais, dende a data de exposición (15/02/2023) da tramitación da modificación dos Pregos reguladores do servizo de practicaxe nos portos de Cee, Corcubión, Laxe e Sada para a recepcion de suxestións e observacións.

 

Portos de Galicia como autoridade portuaria é a responsable do outorgamento da licenza de prestación do servizo de practicaje nos portos de Cee, Laxe e Corcubión e Sada. Dita licenza réxese por un prego regulador do servizo nos que ademais das condicións de execución regúlanse as condicións económicas e no que se advirte da necesidade dunha posible subvención ao servizo se os ingresos por tarifas non chegan ao mínimo do custo estimado do servizo.

O mencionado servizo de practicaxe susténtase principalmente cos ingresos do porto de Cee e en particular en gran medida cos servizos prestados a Xeal S.A., aínda que actualmente  factores alleos á mesma como o Covid-19 ou as disrupcións nas cadeas de subministración global levaron a que a prestación real sexa moi por baixo da media histórica e Portos de Galicia estimase unha posible compatibilidade do servizo profesional con outros portos e/o actividades ou ben unha asignación parcial a estes portos.

Con todo, ambas partes Xeal S.A. e Portos, están interesado en manter un servizo específico e para iso dotar ao mesmo dunha garantía adicional.

Dita modificación non ha de provir actualmente dun novo reaxuste tarifario que penalizaría a competitividade do porto e á propia entidade ao seguir comprometendo os servizos prestados pola iniciativa privada ante a escasa actividade e aconsella outro modelo alternativo, a salvo de que en anos vindeiros as tarifas puidesen ser reaxustadas se houbese motivación.

Co exposto e ao obxecto de garantir esa maior resposta do servizo de practicaje é necesario reestimar a súa asignación de recursos e tempos para aproximalo ás condicións anteriores con asignacións do 100% da dispoñibilidade, o que nos leva a un contrato estimado de 170.000,00 € (cento setenta mil euros) e a un incremento da compensación establecida por Portos de Galicia no prego regulador en desde os 50.050,00 € vixente ata os 140.000,00 €.

 

Documentación: