Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

ACORDO do 16 de xullo de 2024, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación do edificio 12.32.EDF.005 (Casa do Arco) para biblioteca e formación, no dominio público portuario de Fisterra (código 12-32-24-C-2).

Está en trámite unha concesión administrativa solicitada polo Concello de Fisterra para a ocupación do edificio 12.32.EDF.005 para biblioteca e formación, de acordo coa Resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 18 de xuño de 2024, e segundo a confrontación da ocupación, levantada e asinada o 27 de xuño de 2024, no dominio público portuario de Fisterra.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, núm. 5, 1º andar, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com