Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

ACORDO do 22 de marzo de 2025, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude presentada pola Confraría de Pescadores de Cedeira de concesión administrativa no porto de Cedeira con destino á ocupación de edificio para o desenvolvemento da actividade de lavado e almacenamento de caixas de pesca (Exp. 12-04-25-C-1).

A Presidencia de Portos de Galicia acorda o inicio de trámite da solicitude de concesión administrativa presentada pola Confraría de Pescadores de Cedeira no porto de Cedeira con destino á ocupación de edificio para o desenvolvemento da actividade de lavado e almacenamento de caixas de pesca (expediente 12-04-25-C-1), de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público este trámite, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas.

Así mesmo, ábrese a posibilidade de que se presenten outras solicitudes en competen­cia cos mesmos requisitos establecidos para unha solicitude de concesión, que afecten o mesmo espazo e co mesmo ou distinto obxecto.

O prazo para presentar alegacións ou solicitudes en competencia será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Ofi­cial de Galicia. A súa presentación será obrigatoriamente de forma electrónica para as ad­ministracións públicas, persoas xurídicas, entidades sen personalidade xurídica, e persoas representantes dunha das anteriores. Empregarase o procedemento xenérico PR004A da sede electrónica da Xunta de Galicia.

 Aquelas persoas interesadas e non obrigadas á presentación electrónica, opcional­mente, poderán presentar as solicitudes por escrito nas oficinas da Zona Norte de Portos de Galicia, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

 

Lugo, 22 de marzo de 2025

 

Antonio López Fernández 

Xefe da Zona Norte de Portos de Galicia

 

 

Poden descargar a documentación a través dos seguintes enlaces: