Publicador de contidos
ACORDO do 29 de novembro de 2024, da Zona Norte, polo que se modifica o Acordo do 14 de outubro de 2024 polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Ferroglobe Cuarzos Industriales Mining, S.A. de concesión administrativa no porto de Viveiro-Celeiro con destino á ocupación de dominio público portuario en voo e en superficie para a construción de naves para almacenamento de medios mecánicos e auga para sistema de nebulización e rega de minerais en explanada portuaria (expediente 14-07-24-C-2).
Tras seren advertidos erros no Acordo da Zona Norte publicado no DOG núm. 227, do luns 25 de novembro de 2024, efectúase a súa corrección.
Onde di: «O anterior faise público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na r/ Nicomedes Pastor Díaz, 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia».
Debe dicir: «En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público este trámite para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas.
Así mesmo, ábrese a posibilidade de que se presenten outras solicitudes en competencia cos mesmos requisitos establecidos para unha solicitude de concesión que afecten o mesmo espazo e co mesmo ou distinto obxecto.
O prazo para presentar alegacións ou solicitudes en competencia será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A súa presentación será obrigatoriamente de forma electrónica para as administracións públicas, persoas xurídicas, entidades sen personalidade xurídica e persoas representantes dunha das anteriores. Empregarase o procedemento xenérico PR004A da sede electrónica da Xunta de Galicia.
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes por escrito nas oficinas da Zona Norte de Portos de Galicia, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, 13, 27001 Lugo, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Lugo, 29 de novembro de 2024
Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte de Portos de Galicia
Poden descargar a documentación a través dos seguintes enlaces: