Publicador de contidos
ACORDO do 6 de marzo de 2025, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Pertejo, S.L. para a modificación, por ampliación de prazo extraordinario, da concesión administrativa outorgada no porto de Ribadeo con destino a almacén de mercadorías número 1 (expediente 14-01-94-C-2).
A Presidencia de Portos de Galicia acordou iniciar o trámite da modificación, por ampliación de prazo extraordinario, da concesión administrativa outorgada a Pertejo, S.L. no porto de Ribadeo con destino a almacén de mercadorías número 1 (expediente 14-01-94-C-2), de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.
En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de Portos de Galicia, faise público este trámite para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas, por vía electrónica, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, empregando o procedemento xenérico PR004A, e preferentemente por vía electrónica se se trata dun suxeito non obrigado.
O prazo para presentar alegacións en competencia será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Lugo, 6 de marzo de 2025
Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte
Poden descargar a documentación a través dos seguintes enlaces: