Publicador de contidos
ANUNCIO do 16 de outubro de 2024 polo que se somete a información pública a relación de bens e dereitos que se consideran de necesaria expropiación para a execución do proxecto da obra de estabilización de noiro no porto de Maniños-Barallobre (A Coruña).
Pola entidade pública Portos de Galicia aprobouse o proxecto básico da obra de “Estabilización de noiro no porto de Maniños-Barallobre (A Coruña)”
Polo exposto, e para os efectos do establecido nos artigos 17, 18 e 19 da Lei de Expropiación Forzosa, faise pública no Anexo I deste anuncio a relación concreta e individualizada dos bens e dereitos que se consideran de necesaria expropiación e que descríbense no anexo número 10 do proxecto, para que nun prazo de 15 días hábiles calquera persoa poida aportar por escrito os datos oportunos para rectificar posibles erros da relación publicada ou opoñerse, por razóns de fondo ou de forma, á necesidade da ocupación, indicando neste caso os motivos polos que deba considerarse preferente a ocupación doutros bens ou a adquisición doutros dereitos distintos e non comprendidos na relación como mais convenientes para o fin que se persigue.
O presente anuncio será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, nun dos diarios de maior circulación da provincia respectiva e no taboleiro de anuncios do Concello de Fene.
O prazo para presentar alegacións será de quince (15) dás hábiles contados dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela.
O Presidente.
Poden descargar a documentación a través dos seguintes enlaces: