Volver ao contido

Contido web

Presentación do sistema portuario galego

   

Sistema Portuario Galego

Ao longo dos seus 1.720 quilómetros de costa, a nosa Comunidade Autónoma conta con 128 portos. Deles, a Xunta de Galicia, a través do ente público PORTOS DE GALICIA, adscrito á Consellería do Mar, xestiona directamente 122. Os outros seis, de maior dimensión e de interese xeral do Estado, dependen do Ministerio de Fomento e son xestionados por cinco Autoridades Portuarias: Vigo, Marín, Vilagarcía, A Coruña e Ferrol-San Cibrao.

Portos de Galicia

O ente público Portos de Galicia dotado de personalidade xurídica e patrimonio propio, ten encomendadas as competencias de planificación, construción, explotación, conservación e avance dos 122 portos dependentes, da Xunta de Galicia.

 

ORGANIZACIÓN TERRITORIAL

O gran número de portos e a súa distribución xeográfica é a razón pola que a organización territorial de Portos de Galicia está organizada en catro centros de traballo:

  • Servizos Centrais, emprazados en Santiago de Compostela.
  • Zona Norte xestiona 21 portos desde Ribadeo ata Redes.
  • Zona Centro, xestiona 58 portos desde Pontedeume ata Rañó.
  • Zona Sur, xestiona 43 portos desde Pontecesures ata Tui.
 

DATOS MÁIS RELEVANTES DAS INFRAESTRUTURAS DISPOÑIBLES

Portos de Galicia ofrece importantes infraestruturas entre as que cabe destacar:

  • 122 instalacións.
  • 16 quilómetros de diques de abrigo.
  • 31 quilómetros de peiraos cun calado máximo de 9 metros.
  • 10.441 postos de atracada para embarcacións deportivas.
  • 20.640 metros de atracada en pantaláns.
  • 16.431.950 metros cadrados de superficie total.
  • 3.199.489 metros cadrados de superficie terrestre.
  • 5.055.000 metros cadrados de superficie total lámina de auga abrigada.
 

ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NOS PORTOS DE GALICIA

Nas instalacións portuarias de Galicia, desenvólvense catro tipos de actividades:

  • As relacionadas coa pesca e o marisqueo.
  • As comerciais, coa carga e descarga de diversas mercadorías (pasta de papel, dunita, aceiro, túnidos conxelados, etcétera) a través de oito portos: Ribadeo, Burela, Celeiro, Cariño, Laxe, Cee, Ribeira e A Pobra do Caramiñal.
  • As náutico deportivas. Estas, en crecente demanda, supoñen na actualidade un catalizador para o sector turístico en Galicia e por conseguinte un importante dinamizador económico.
  • As de pasaxe. Con liñas de transporte regular no caso da provincia de Pontevedra e de carácter estacional no conxunto da costa.