Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

ACORDO do 12 de setembro de 2024, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación no dominio público portuario de Ribeira, do edificio 12.48.EDF.008 (bar peirao comercial) como bar-cafetaría (clave 12-48-23-C-4).

Está en trámite unha concesión administrativa solicitada por Alquileres José Ángel Ro­dríguez 2014, S.L., para a ocupación en DPP do edificio 12.48.EDF.008, bar-cafetaría, de acordo coa Resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 19 de outubro de 2023, e segundo a confrontación da ocupación levantada e asinada pola Xefatura da Zona Centro, no porto de Ribeira.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de de­cembro, de Portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas podan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com.

 

A Coruña, 12 de setembro de 2024

 

Lorena Solana Barjacoba

Xefa da Zona Centro

 

Poden descargar a documentación a través dos seguintes enlaces: