Está en trámite unha concesión administrativa solicitada por UFD, Distribución Electricidad, S.A., para a ocupación de dominio público portuario soterrado para a instalación de liña eléctrica soterrada para o desenvolvemento da actividade de subministración de electricidade, no porto de Cabo de Cruz, de acordo coa Resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 24.10.2023 e segundo a Confrontación do documento técnico: «Instalacións existentes e obras a executar no porto de Cabo de Cruz, por UFD», asinado o 15.9.2023 polo enxeñeiro técnico industrial, Victoriano González Lemos, colexiado nº 2980.
O que se fai público, para os efectos previstos no 70 de la Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com
A Coruña, 2 de maio de 2025
Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro
