Quedando dispoñible varios departamentos, no dominio público portuario de Fisterra, procédese a abrir convocatoria pública para a ocupación destes, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.
O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 63 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do xoves 14.12.2017), para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar a súa solicitude, segundo o establecido no prego das bases da convocatoria, en todo caso deberá acreditarse a data e a hora de presentación da solicitude. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com
A documentación deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica de acordo cos artigos 14.2 e 68.4 da lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e da Lei 4/2019, de administración dixital de Galicia, empregando o modelo con código IF500B, regulado na Resolución do 17 de novembro de 2020 pola que se aproba o procedemento de autorización de ocupación de dominio público portuario en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia dentro do prazo establecido, e que en caso contrario non será admitida, debendo emendar a súa presentación tomándose como data de presentación a da emenda, co risco no caso de trámites sometidos a prazos preclusivos de que perdan o dereito ao trámite ou incluso o dereito ao seu favor que, de ser o caso, poidan ter obtido, no marco do procedemento que se trate.
A Coruña, 5 de novembro de 2024
Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro
Poden descargar a documentación a través dos seguintes enlaces: