Skip to Content

Web Content Display

Presentación do sistema portuario galego

   

Sistema Portuario Galego

Ao longo dos seus 1.720 quilómetros de costa, a nosa Comunidade Autónoma conta con 128 portos. Deles, a Xunta de Galicia, a través do ente público PORTOS DE GALICIA, adscrito á Consellería do Mar, xestiona directamente 122. Os outros seis, de maior dimensión e de interese xeral do Estado, dependen do Ministerio de Fomento e son xestionados por cinco Autoridades Portuarias: Vigo, Marín, Vilagarcía, A Coruña e Ferrol-San Cibrao.

Portos de Galicia

O ente público Portos de Galicia dotado de personalidade xurídica e patrimonio propio, ten encomendadas as competencias de planificación, construción, explotación, conservación e avance dos 122 portos dependentes, da Xunta de Galicia.

 

ORGANIZACIÓN TERRITORIAL

O gran número de portos e a súa distribución xeográfica é a razón pola que a organización territorial de Portos de Galicia está organizada en catro centros de traballo:

  • Servizos Centrais, emprazados en Santiago de Compostela.
  • Zona Norte xestiona 21 portos desde Ribadeo ata Redes.
  • Zona Centro, xestiona 58 portos desde Pontedeume ata Rañó.
  • Zona Sur, xestiona 43 portos desde Pontecesures ata Tui.
 

DATOS MÁIS RELEVANTES DAS INFRAESTRUTURAS DISPOÑIBLES

Portos de Galicia ofrece importantes infraestruturas entre as que cabe destacar:

  • 122 instalacións.
  • 16 quilómetros de diques de abrigo.
  • 31 quilómetros de peiraos cun calado máximo de 9 metros.
  • 10.441 postos de atracada para embarcacións deportivas.
  • 20.640 metros de atracada en pantaláns.
  • 16.431.950 metros cadrados de superficie total.
  • 3.199.489 metros cadrados de superficie terrestre.
  • 5.055.000 metros cadrados de superficie total lámina de auga abrigada.
 

ACTIVIDADES DESENVOLVIDAS NOS PORTOS DE GALICIA

Nas instalacións portuarias de Galicia, desenvólvense catro tipos de actividades:

  • As relacionadas coa pesca e o marisqueo.
  • As comerciais, coa carga e descarga de diversas mercadorías (pasta de papel, dunita, aceiro, túnidos conxelados, etcétera) a través de oito portos: Ribadeo, Burela, Celeiro, Cariño, Laxe, Cee, Ribeira e A Pobra do Caramiñal.
  • As náutico deportivas. Estas, en crecente demanda, supoñen na actualidade un catalizador para o sector turístico en Galicia e por conseguinte un importante dinamizador económico.
  • As de pasaxe. Con liñas de transporte regular no caso da provincia de Pontevedra e de carácter estacional no conxunto da costa.
 

INFORMACIÓN DAS OPERACIÓNS Ó LONGO DE 2019

A actividade desenvolvida durante o ano 2019 nos portos de Galicia correspóndese cos seguintes datos.

 
  • Sector comercial:
    • Mais de 1,5 millóns de toneladas de mercadorías.
    • 14.661Toneladas pesca conxelada descargada (principalmente túnidos).
    • 349 buques entrados nos portos.
       
  • Sector pesca fresca, marisqueo e acuicultura:
    • 90.000 Toneladas de pesca fresca que supuxeron un valor en primeira venda de 284 millóns de euros.
    • 250.000 Toneladas de mexillón descargado
    • 3.681 bateas en 52 polígonos e 848 barcos asistintes.
       
  • Sector náutico deportivo:
    • Ó longo dos 1.720 quilómetros de costa galega, Portos de Galicia xestiona 73 instalacións deportivas e náutico-recreativas de xeito directo ou a través de concesións administrativas, totalizando máis de 10.441 postos de atracada cun índice de ocupación medio anual preto ó 80%.
    • A entidade pública empresarial Portos de Galicia continúa potenciando o turismo náutico en Galicia mediante a participación en foros, congresos, certames, salóns e feiras, tanto nacionais como internacionais.
       
  • Sector de pasaxe:

    Unha veintena de portos autonómicos operaron tráfico de pasaxeiros ó longo do ano 2019. En concreto contabilizáronse un total de 1.554.969 pasaxeiros. Por zonas administrativas rexistráronse as seguintes cifras:

    • Zona Norte: 14.152 pasaxeiros.
    • Zona Centro: 3.238 pasaxeiros.
    • Zona Sur: 1.537.579 pasaxeiros. Dos que 1.038.388 embarcaron no porto de Cangas, que opera a liña de transporte regular co porto de Vigo.