Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

ACORDO do 4 de febreiro do 2025, da Zona Norte, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Francisco Fernández Catá de concesión administrativa no porto de O Vicedo con destino á ocupación do dominio público portuario en superficie e soterrado para a instalación de liña eléctrica soterrada (14.08.OBR.002) en canalización titularidade de Portos de Galicia para desenvolvemento da actividade de bar restaurante (expediente 14-08-25-C-1).

A Presidencia de Portos de Galicia acorda o inicio de trámite da solicitude de concesión administrativa presentada por Francisco Fernández Catá no porto do Vicedo con destino á ocupación do dominio público portuario en superficie e soterrado para a instalación de liña eléctrica soterrada (14.08.OBR.002) en canalización titularidade de Portos de Galicia e para desenvolvemento da actividade de bar restaurante (expediente 14-08-25-C-1), de acordo coa solicitude presentada polo concesionario.

En cumprimento do disposto no artigo 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de Portos de Galicia, faise público este trámite, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas. Asemade, ábrese a posibilidade de que se presenten outras solicitudes en competencia cos mesmos requisitos establecidos para unha solicitude de concesión, que afecten o mesmo espazo e co mesmo ou distinto obxecto. O prazo para presentar alegacións ou solicitudes en competencia será de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A súa presentación será obrigatoriamente de forma electrónica para as administracións públicas, persoas xurídicas, entidades sen personalidade xurídica, e persoas representantes dunha das anteriores. Empregarase o procedemento xenérico PR004A da sede electrónica da Xunta de Galicia.

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes por escrito nas oficinas da Zona Norte de Portos de Galicia, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, ou en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

A documentación está á disposición na ruta web www.portosdegalicia.gal\.

 

 

Lugo, 4 de febreiro de 2025

 

Antonio López Fernández

Xefe da Zona Norte de Portos de Galicia

 

 

Poden descargar a documentación a través dos seguintes enlaces: