Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

ANUNCIO do 14 de xuño do 2024, polo que se somete a información pública a solicitude de concesión administrativa presentada pola empresa Astilleros y Varaderos Lago-Abeijón, S.L. para a ocupación do dominio público, para o desenvolvemento da actividade de mantemento e reparación de embarcacións no porto de O Freixo (expediente clave 12-40-24-C-1).

Está en trámite a concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario en superficie, lámina de auga e das edificacións 12.40.edf.002 (nave taller 1), 12.40.edf.005 (galpón 2) e 12.40.edf.006 (galpón 1) titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento da actividade de mantemento e reparación de embarcacións do sector pesqueiro/marisqueiro e doutros sectores, no porto de o freixo, solicitado por ASITLLERO e VARADEROS LAGO-ABEIJÓN S.L.

 

Poden descargar a documentación a través dos seguintes enlaces: