Volver ao contido

Publicador de contidos

Atrás

Acordo do 26 de xuño de 2026, da Xefatura da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación de instalacións no dominio público portuario, para fábrica de xeo, cámaras frigoríficas e lavado de caixas, no porto de Muros (clave: 12-38-26-C-2).

Está en trámite unha concesión administrativa a favor da Confraría de Pescadores de Muros para a ocupación das instalacións 12.38.EDF.008 e 12.38.OBR.001 do dominio pú­blico portuario para fábrica de xeo, cámaras frigoríficas e lavado de caixas, no porto de Muros, de acordo coa Resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 6.5.2026, con base no documento técnico Memoria para a modernización do sistema de extracción de xeo na fábrica de xeo de Muros, asinado en marzo de 2026 por Iván Toubes Fernández, enxeñeiro técnico industrial, colexiado número 2961.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de de­cembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do xoves 14.12.2017), para que as persoas e entidades interesadas podan examinar o expediente e presentar por escrito as alega­cións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do porto, núm. 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do se­guinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está dispoñible na web www.portosdegalicia.com. 

A Coruña, 26 de xuño de 2026

 

Lorena Solana Barjacoba

Xefa da Zona Centro

 

 

 

Poden descargar a documentación a través dos seguintes enlaces:

 Anuncio no DOGA Nº 128 da CDPP no porto de Muros.pdf

 Resolución de inicio de trámite da CDPP no porto de Muros.pdf

 Documento técnico e memoria para a modernización da fábrica de xeo no porto de Muros.pdf