Publicador de contidos
ACORDO do 27 de marzo de 2024, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación do DPP e do edificio 12.14.EDF.002, para sede da confraría, almacén, cámaras de frío, manipulación de peixe e centro de descarga, no porto de Lorbé (código: 12-14-19-C-1).
Está en trámite unha concesión administrativa solicitada pola Confraría de Pescadores de Lorbé, para a ocupación en superficie de DPP e do edificio 12.14.EDF.002, como sede da confraría, almacén, cámaras de frío, manipulación de peixe e centro de descarga, de acordo coa resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 1 de novembro de 2019 e segundo a confrontación da ocupación levantada e asinada o 26 de marzo de 2024, no porto de Lorbé.
O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, nº 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com
A Coruña, 27 de marzo de 2024
Lorena Solana Barjacoba Xefatura da Zona Centro
Poden descargar a documentación a través dos seguintes enlaces: