Publicador de contidos
ACORDO do 7 de outubro de 2025, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación de dominio público portuario para a instalación dun pantalán de atraque de embarcacións tradicionais e oficina desmontable de divulgación da cultura mariñeira, no porto de Sada-Fontán (clave: 12-13-24-C-1).
Está en trámite unha concesión administrativa a favor da Asociación Cultural Mariñeira de Sada, Os Patexeiros, pola ocupación de dominio público portuario para a instalación dun pantalán de atracada de embarcacións tradicionais e oficina desmontable de divulgación da cultura mariñeira, de acordo coa Resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 2.4.2025, e con base no proxecto construtivo dun pantalán para un ecomuseo flotante no porto de Sada, asinado o 1.4.2024 polo enxeñeiro de Camiños,
Canais e Portos, Gael Sánchez Rivas, e o estudo paisaxístico e urbano. Proxecto dun ecomuseo flotante para embarcacións tradicionais no porto de Sada, asinado o 29.9.2025 polo enxeñeiro de Camiños, Canais e Portos, Gael Sánchez Rivas.
O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do xoves 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, núm. 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está dispoñible na web www.portosdegalicia.com.
A Coruña, 7 de outubro de 2025
Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro
Poden descargar a documentación a través dos seguintes enlaces:
Anuncio DOGA Nº 215 concesión administrativa da Asociación Cultural Mariñeira de Sada.pdf