Web Content Display
Declaración responsable para a pesca recreativa en portos
Procedemento IF502A: Práctica da pesca marítima de recreo en superficie en zonas de servizo dos portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia.
Pode consultar a seguinte información relacionada co procedemento:
-
RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2022 pola que modifica a Resolución do 26 de xullo de 2021 pola que se aproba o levantamento da prohibición da práctica da pesca marítima de recreo en superficie en zonas de servizo portuarias e se aproba o procedemento de declaración responsable para a súa práctica en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia (tamén pode consultala directamente no DOG).
-
RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2021 pola que se aproba o levantamento da prohibición da práctica da pesca marítima de recreo en superficie en zonas de servizo portuarias e se aproba o procedemento de declaración responsable para a súa práctica en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia (tamén pode consultala directamente no DOG).
-
CÉDULA do 13 de agosto de 2021 pola que se aclara e modifica a resolución do 26 de xullo de 2021 que aproba o levantamento da prohibición da práctica da pesca marítima de recreo en superficie nas zonas de servizo portuarias e se aproba o procedemento de declaración responsable para a súa práctica en portos dependentes da Comunidade autónoma de Galicia (tamén pode consultala directamente no DOG).
- Anexo III da resolución do 25 de maio de 2022 pola que se aproba o levantamento da prohibición da práctica da pesca marítima de recreo en superficie en zonas de servizo portuarias:
A tramitación deste procedemento pode ser iniciada por calquera persoa interesada dende a sede electrónica da Xunta de Galicia.
Esta ligación dalle acceso ó devandito contorno de tramitación