Publicador de contidos
Acordo do 16 de abril do 2024, polo que se acorda o inicio de trámite e trámite de competencia e se somete a información pública a solicitude de concesión administrativa presentada pola Confraría de Pescadores de Burela para a ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio 14.05.EDF.019 (nave de redes) e do medio mecánico guindastre ponte (14.05.MM.001, no porto de Burela (expediente clave 14-05-24-C-1).
O 16 de abril do 2024 a Presidencia de Portos de Galicia acorda o inicio de trámite e trámite de competencia e se somete a información pública a solicitude de concesión administrativa presentada pola Confraría de Pescadores de Burela para a ocupación do dominio público portuario en superficie e do edificio 14.05.EDF.019 (nave de redes) e do medio mecánico guindastre ponte (14.05.MM.001, no porto de Burela (expediente clave 14-05-24-C-1).
En cumprimento do disposto no art. 70.2 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, faise público este trámite, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza Europa 5 A 6º, polígono das Fontiñas- 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está a disposición na web https://portosdegalicia.gal/gl/web/portos-de-galicia/procesos_informacion_publica
Asemade, debido a que a ocupación solicitada excede de 2.500m2, en aplicación do Art. 68.2.c) da Lei 6/2017 de portos de Galicia, na iniciación do procedemento de outorgamento é preceptivo o trámite de competencia de proxectos. Por tanto, no mesmo prazo de 20 días do trámite de información pública anteriormente indicado, poderán presentarse outra/s solicitude/s de concesión cos requisitos establecidos na mesma lei, que afecten ao mesmo espazo e co mesmo ou distinto obxecto.
Santiago de Compostela, á 16 de abril de 2024
Asdo.: A Presidencia de Portos de Galicia
Poden descargar a documentación a través dos seguintes enlaces: