Saltar al contenido

Publicador de contenidos

Atrás

ACORDO do 22 de agosto de 2023, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa de ocupación en superficie e do edificio 12.50.edf.008 (naves Escurís) e soto do edificio 12.50. edf.016 (casa Escurís), para o desenvolvemento da actividade de oficinas e invernaxe de embarcacións, solicitada por Pérez Queiruga e Hijos, S.L. no dominio público portuario da Pobra do Caramiñal (código 12-50-22-C-1).

Está en trámite unha concesión administrativa solicitada por Pérez Queiruga e Hijos, S.L. para a ocupación en superficie e do edificio 12.50.edf.008 (naves Escurís) e soto do edificio 12.50.edf.016 (casa Escurís), titularidade de Portos de Galicia, para o desenvolvemento da actividade de oficinas e invernaxe de embarcacións, de acordo coa Resolución de inicio de trámite, asinada pola Presidencia de Portos de Galicia o 8 de maio de 2023 e con base no Proxecto de acondicionamento dunha edificación para o seu uso como nave de invernaxe de embarcaciones, e os seus anexos: anexo ao proxecto, anexo II e anexo III, asinados polo enxeñeiro técnico industrial Roberto Carlos Ozores Nine, colexiado número 2084.

 

O anterior faise público para os efectos previstos no artigo 70 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG número 236, do xoves 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro, sitas na avenida do Porto, 5, 1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

 

 

A Coruña, 22 de agosto de 2023

 

 

Lorena Solana Barjacoba

Xefa da Zona Centro

 

 

Poden descargar a documentación a través dos seguintes enlaces:

  1. Anuncio no DOG Nº 175 para CDPP a Perez Queiruga e Hijos S.L. (naves de Escuris).
  2. Acordo autorización de inicio de autorización do trámite da CDPP Perez Queiruga e Hijos S.L.
  3. Proxecto acondicionamento Nave Invernaxe de embarcacións.
  4. ANEXO I - Proxecto acondicionamento Nave Invernaxe de embarcacións.
  5. ANEXO II - Proxecto acondicionamento Nave Invernaxe de embarcacións.
  6. ANEXO III - Proxecto acondicionamento Nave Invernaxe de embarcacións.